Novas

Máis novas

A música e o baile tradicional encheron as rúas de Melide na Foliada 2018

30/04/2018. A Foliada 2018 encheu Melide de música e baile tradicional, nunha fin de semana na que grandes e cativos gozaron dunha programación variada e feita para todos os gustos. A praza das Coles e a do Convento foron os principais escenarios

MELIDE 30 de abril de 2018.- Un ano máis e con este xa van catorce, Melide acolleu durante a última fin de semana do mes de abril unha nova edición da Foliada.

Foron miles as persoas que se achegaron ao corazón de Galicia durante esta pasada fin de semana para gozar da tradición musical.

A actividade xa comezaba na noite do venres onde a Casa da cultura enchíase para coñecer o traballo de Bruno Villamor, o gaiteiro de santo Xusto, que presentaba en Melide o seu traballo. O sábado pola mañá os cantos de taberna chegaban á zona dos viños da vila para enchela de música tradicional, con persoas de todas as idades e chegadas de diferentes partes de Galicia así como tamén do panorama nacional.

Xa pola tarde, o serán, o xermolo da foliada, facía escaparate da música local e da contorna na praza das coles onde se subían ao escenario persoas de todas as idades para amosar o bo facer musical de Melide e concello limítrofes. Como peche da xornada a Banda das Crechas e The Turre´s Band facíanse co escenario.

Durante o domingo os máis pequenos tomaron protagonismo con actividades para eles xunto coa entrega de diplomas e premio do concurso de debuxo Xente Cativa. O baile do grupo Ximiela amosou na praza do convento o bo facer do grupo de Louro e como peche á Foliada 2018 Odaiko e Vanesa Muela trouxeron a súa proposta a Melide, unha mestura de música galega e castellana que puxo fin á programación organizada pola Asociación Musical e Baile tradicional O Castelo de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp