- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Gala Solidaria de Melide volverá recoller alimentos para os máis necesitados
27/04/2018. A Asociación da Hostalería local volve a poñer en marcha na vila unha edición máis da Gala Solidaria que se celebrará o venres 4 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións. Dende ás 16h haberá persoal para a recollida de alimentos
MELIDE 27 de abril de 2018.- A Asociación da Hostalería Melide Móvese organiza por quinto ano consecutivo unha nova edición da Gala Solidaria na vila. A iniciativa foi presentada durante a mañá de hoxe no Salón de Plenos do Concello de Melide. Un acto ao que asisitu a alcaldesa de Melide, Dalia García, o presidente da asociación da hostalería local, Alberto Buján, o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, en representación do Combo Dominicano, Lolo Monteagudo e membros de Cáritas Parroquial de Melide, Dolores Rodríguez e Amparo Taboada.
O Combo Dominicano será a orquestra encargada de presentar a súa xira 2018 con moitas sorpresas para o público en Melide durante a noite do venres 4 de maio xunto coa orquestra Garibaldi. Dalia García, alcaldesa de Melide explicaba en rolda de prensa que “sabemos que Melide é un pobo solidario, e que acepta moi ben estas chamadas solidarias. Queremos un ano máis, superar as expectativas de recollida de alimentos de anos pasados, e facer chegar esta gala solidaria a todos os rincóns de Galicia”.
O presidente da Asociación da Hostalería Melide Móvese, Alberto Buján, dicía na presentación que “o obxetivo é ir superándonos ano tras ano, algo que sempre conseguimos e este ano agardamos que non sexa menos”.
Ao mesmo tempo, Jesús Busto, presidente da Fundación Amigos de Galicia e Lolo Monteagudo, representante da orquestra o Combo Dominicano tiveron palabras de agradecemento para o Concello de Melide e a súa asociación de hostalería “por iniciativas tan solidarias e por ternos en conta para poder levalas a cabo”.
Dende Cáritas Parroquial de Melide, tamén presentes na rolda de presentación desta gala decían sentirse “orgullosas de que na vila na que vivimos se poñen en marcha iniciativas deste tipo, non só agora coa gala solidaria senon que son moitas as accións que se levan ao longo do ano para axudarnos a facerlles máis fácil a vida aos máis necesitados”.
APERTURA DE PORTAS ÁS 16H DA TARDE
Dende a organización da V Gala Solidaria teñen estipulado que as portas do Palacio de Congresos e Exposición se abran para a recollida de alimentos o venres 4 de maio ás 16h. Deste xeito, as persoas que queiran colaborar con esta boa causa tan so teñen que desprazarse ata este lugar para entregar as súas doazóns.
Aquelas persoas que queiran asistir tamén á presentación da xira 2018 do Combo Dominicano en Melide terán que entregar para poder entrar no recinto algún alimento. Dende Cáritas Parroquial de Melide, fan especial fincapé en que “todos os alimentos serán aceptados, pero é preferible que sexan alimentos non perecedoiros como aceite, pasta, arroz ou azucre. Tamén necesitamos leite ou alimentación infantil xa que nos últimos tempos é moi necesario para as familias de Melide e supón un gasto importante para as persoas con poucos recursos”.
O ano pasado, esta Gala Solidaria en Melide foi quen de recaudar 13 toneladas de alimentos e de reunir a máis de 3.000 persoas.