Novas

Máis novas

O alumnado do colexio Mestre Pastor Barral visita o Concello de Melide

25/04/2018. O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria do colexio Mestre Pastor Barral de Melide visitaron durante a mañá de hoxe a Casa do Concello onde coñeceron de primeira man as instalacións e o traballo que se realiza día a día no seu interior

MELIDE 25 de abril de 2018.- O Concello de Melide recibiu durante a mañá de hoxe unha visita moi especial. Os rapaces e rapazas dos cursos de 3º, 4º, 5 e 6º do colexio Mestre Pastor Barral da vila vistaron as instalacións locais e coñeceron de primeira man o traballo que se realiza no seu interior día tras día.

O grupo, que chegaba ao Concello de Melide ás 9.30h da mañá, foron recibidos pola alcaldesa de Melide, Dalia García, quen lle abriu as portas da instalación para dárlles a coñecer os trámites que se realizan cada día nela. 

A maior parte da visita trascorreu no Salón de Plenos, onde o alumnado tivo a oportunidade de sentarse nas cadeiras que ocupan os membros dos diferentes partidos políticos con representación no Concello, a interventora ou a secretaria. Unha vez asentados púxose en marcha un Pleno ficticio para discutir a suposta proposta de aprobación dun carril bici na vila, iniciativa que propuxeron eles mesmos á alcaldesa para comezar a recreación. Despois de escoitar os diferentes argumentos, levantouse a sesión por parte da rexedora de Melide como se se tratase dun pleno real.

Tamén se realizou unha simulación de eleccións cunha urna no salón de plenos por parte dos alumnos máis maiores que realizaron unhas votacións en democracia para elixir un delegado para a súa clase.

O alumnado do colexio Mestre Pastor Barral tamén tivo a ocasión de conversar coa alcaldesa de Melide á que lle preguntaron diversas cuestións sobre a actualidade da vila. García explicaba que “foi unha xornada moi fructífera para uns e para outros. Os máis pequenos coñecer a institución local e a nosa maneira de traballar e ao mesmo tempo eu tamén aprendín moito con eles, mentes espertas e con boas iniciativas que son o futuro da nosa vila”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp