Novas

Máis novas

Melide recuperou na fin de semana o Salón de Automóbil como aposta por un sector prioritario da vila

10/04/2017. O Pazo de Congresos e Exposicións albergou aos seis concesionarios de Melide que expuxeron as últimas novidades do sector automóbilistico. Ofrecéronse prezos moi competitivos e asequibles para todos os petos.

Melide converteuse o pasada fin de semana capital do mundo do motor coa presenza de seis concesionarios locais que ofreceron o seu produto estrela, os coches, no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide, con prezos moi competitivos e para todos os petos. Melide recuperou, deste xeito, o Salón do Automóbil como unha demanda do sector comercial da vila para recuperar o pulo neste tipo de eventos, que supoñen unha concentración de esforzos para facer da capital melidense un mercado moi consolidado neste gremio. 

Marcas de primeira e concesionarios de vehículos multimarca foron os participantes (Talleres Leiva, Motor Melide, Melicar, Talleres Mejuto, BertoCar e Desguaces Lual) e promotores do evento xunto co Concello de Melide. Onte, domingo 9 de abril, tamén houbo un reclamo para os amantes dos coches clásicos, unha concentración deste tipo de vehículos nos exteriores do Pazo de Congresos e Exposicións. 

A entrada foi de balde entre o público asistente e, ademais, sorteáronse dous vales de desconto de 150 euros cada un, así como unha Tablet entre os participantes neste evento. A alcaldesa de Melide, Dalia García, visitou a feira e amosouse moi satisfeita coa boa acollida que ten este evento entre o sector, xa que colaborou en todo aquelo que se lle propuxo. 
 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp