Novas

Máis novas

Centenares de persoas participan nas probas internacionais cans de rastro

23/04/2018. Durante esta pasada fin de semana Melide foi o epicentro da actividade cinexética. Desputáronse as probas de traballo internacionais de cans de rastro, dando continuidade a actividade iniciada a primeira fin de semana de abril

MELIDE 23 de abril de 2018.- A Sociedade de Caza Terra de Melide xunto co Tecor Ulloa e o Tecor A Xuntanza, organizaron esta pasada fin de semana , as últimas probas internacionais de cans de rastro que tiveron lugar durante este mes de abril en Melide. Este ano, como novidade, as probas acadaron carácter internacional xa que ata a nosa vila desprazáronse persoas chegadas dende fóra do panorama nacional, como Francia e Italia. As probas que se celebraron a pasada fin de semana tiñan continuidade coas que se celebraron 7 e 8 de abril.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, amosábase orgullosa de que “unha vez máis Melide fose o centro neurálxico da caza, non só a nivel Galicia senon tamén a nivel internacional”.  A organización cifrou en arredor de 5.000 persoas ás que se acheguen a Melide durante esta pasada fin de semana, entre participantes e acompañantes.

Entre as probas que se desputaron esta fin de semana estaba  a Copa Galicia Terra de Melide de rastro de coello onde ámbolos dous días, venres e sábado, se puido optar a un CACT. Tamén se celebraron as probas do PAN, as probas de aptitudes naturais para os grupos 6,7 de spaniels e retreviers.

A maiores das probas de cans de caza internacionais, a organización das probas tamén programou outras actividades complementarias para os familiares, amigos e acompañantes dos participantes así como para os veciños da vila que quixeron formar parte desta gran fin de semana con actividade cinexética en Melide.

Por unha banda prepraráronse varias rutas para coñecer a riqueza arquitectónica de Melide e da súa Comarca e rutas de sendeirismo para que os visitantes á vila gozaran da nosa paisaxe local.

Outra das alternativas foi o concurso Cazatapas, que por vez primeira este ano ofreceron 17 establecementos locais con pequenos petiscos elaborados con produtos da caza.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp