Novas

Máis novas

Melide celebrou o día do Libro con actividades para toda a familia

23/04/2018. Unha exposición de libros con tamaños especiais, que aínda pode visitarse, e un espectáculo musical encheu a biblioteca de familias da vila para celebrar o día do Libro. Maiores e cativos cantaron e bailaron con María e Jorge

MELIDE 23 de abril de 2018.- A biblioteca de Melide acolleu as actividades relacionadas coa celebración do día do libro que, aínda que o seu propio día é hoxe, 23 de abril, na vila celebrouse o pasado venres.

Dende o departamento de Cultura do Concello de Melide organizaron diferentes actividades para promocionar a lectura e ao mesmo tempo para rendirlle homenaxe aos nosos libros. A biblioteca acolleu na xornada do venres un espectáculo “Fantasía Musical con Jorge e María” unha iniciativa pensada para toda a familia e dirixida a nenos dende os 3 anos de idade. Ata a biblioteca de Melide achegáronse pais, nais e familiares con rapaces e rapazas que gozaron con Jorge e María.

Os participantes asisitiron a unha festa musical coas letras do abecedario, un concerto dinámico con moita interacción co público, onde diferentes personaxes moi divertidas, que foron aparecendo con cada cancións.  Pop, hip hop, rock and roll ou incluso matices de swing mesturados con textos cheos de fantasía para achegar a poesía aos mais pequenos.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

A maiores desta actuación, a biblioteca Xosé Vázquez Pintor de Melide acolle durante estas semanas e ata mediados do mes de maio unha exposición de libros de tamaños especiais: grandes, pequenos e con formas diferentes forman parte desta mostra que xa pode visitarse.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp