Novas

Máis novas

A alcaldesa da vila recolle a acreditación de Melide Concello Emprendedor

23/04/2018. Dalia García, recolleu a acreditación de Melide Concello Emprendedor. O acto celebrouse en Santiago, 47 municipios recolleron esta distinción ao compartir coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial

MELIDE 23 de abril de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, acudiu o pasado venres a un acto na capital de Galicia onde o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, gabou o esforzo compartido dos municipios para facilitar investimentos e xerar emprego e destacou que nos vindeiros meses 1 de cada 3 será Concello Emprendedor.

Durante o acto de entrega de acreditacións Concello Emprendedor aos primeiros 47 municipios sumados a esta iniciativa, salientouse que ter esta distinción significa compartir coa Xunta a necesidade de levantar as barreiras ao investimento empresarial para estimular a actividade económica; e ser unha Administración consciente de que os trámites administrativos teñen que ser un garante e non unha encrucillada que retarde ou disuada o labor das empresas.

Melide, atópase entre os concellos emprendedores que redobrarán os seus recursos para dinamizar a economía. A alcaldesa Dalia García, explicaba que “ todos temos responsabilidade na marcha da economía e polo tanto dende a administración local estamos facendo o traballo que nos corresponde”. “Melide é un dos concellos emprendedores ao posuír unha fiscalidade vantaxosa para as empresas nos impostos do IBI, ICIO e IAE”, dixo a rexedora.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp