Novas

Máis novas

Remata este fin de semana a primeira edición do Cazatapas Terra de Melide

19/04/2018. O concurso de Cazatapas pon en valor a carne de caza que cociñarán os hostaleiros de Melide en forma de tapas, pequenos petiscos para o padal que farán gozar a todos os participantes ademais de ter a posibilidade de gañar diferentes premios

MELIDE 19 de abril de 2018.- Durante a próxima fin de semana Melide poñerá fin ao concurso Cazatapas, un concurso de tapas que se organizou para ofrecer alternativas a milleiros de persoas que nos visitarán durante o venres, sábado e domingo xa que se vai celebrar en Melide as probas internacionais de cans de rastro a a Copa Galicia de rastro de coello.

O concurso de tapas xa tivo lugar a pasada fin de semana na que foron moitos os veciños e veciñas que se visitaron Melide para probar as propostas de 17 hostaleiros da vila.

Dalia García, alcaldesa de Melide, convida a todos os veciños e veciñas e tamén visitantes a gozar desta iniciativa “que permite coñecer outros sabores con produtos da caza que non adoitan ser tan frecuentes como outros que degustamos máis habitualmente”.

Pola súa banda, Antonio Méndez, principal organizador das probas internacionais de rastro de cans  Terra de Melide e persoa impulsora para poñer en marcha o Cazatapas, facía especial fincapé “no aspecto gastronómico da da caza, non só no cinexético. Proba delo é esta ruta de tapas que comezou como unha pequena idea e que este fin de semana vai se runha realidade”.

CONCURSO CAZATAPAS

As tapas do concurso poderán degustarse nos 17 locais participantes en horario de  os venres de 20h a 22h, os sábados de 12.30h a 14.30h e de 20h a 22h e os domingos de 12.30h a 14.30h.

O prezo da tapa será de 1,50 euros. O público contará cunhas papeletas nas que poderán votar a tapa e depositala na caixa de correos que hai en cada un dos locais. Poderán cubrir unha papeleta por cada tapa consumida. Estas papeletas optarán por sorteo aos premios cedidos polas entidades colaboradoras.

Tamén se atoparán nos locais participantes, pasaportes. Os que cubran o pasaporte completo con todos os locais, deberán depositalo en calquera das caixas de correos dos locais participantes e optarán a premios de maior valía.

Por último, haberá tamén un premio para a persoa máis activa nas redes sociais compartindo contido do concurso e as súas fotos co hagstag  #cazatapasmelide.

PREMIOS PARA OS PARTICIPANTES

Aquelas persoas que non completen o pasaporte e que si proben as tapas e cubran as papeletas dos diferentes establecementos poderán optar a unha visita á Adega ponche da Boga ou o seu valor en viño, dous lotes de DOP Arzúa-Ulloa, un circuito termal no Hotel Balneario Río Pambre, dúas botellas de Augardente da Fada de Viña Branca do Salnés.

Para as persoas que percorran todos os establecementos e que completen os seus pasaportes sortearanse tres entradas sobres para o evento deportivo a elixir entre o Deportivo, Celta ou o Obradoiro e tamén unha noite para dúas persoas no Pazo de Eidián.

Para a persoa máis activa nas redes sociais tamén haberá premio: unha noite con almorzo no Hostal A Viúva de Pobra de Trives.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp