- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
“Cráneos privilexiados” o espectáculo de Mofa e Befa chega a Melide
18/04/2018. O espectáculo de Mofa e Befa achega este sábado a Melide co seu último traballo “Cráneos privilexiados” que está conseguindo un gran éxito de público con función ata finais de ano. Péchase así o I Ciclo de Comedia Teatral na vila
MELIDE 18 de abril de 2018.- Mofa e Befa, ou o que é o mesmo Josito Porto e Víctor Mosqueira poñerán en escena o vindeiro sábado 21 de abril en Melide o espectáculo cómico teatral “Cráneos privilexiados…ou Crítica da razón perralleira” que conta coa dirección de Carlos Santiago e textos orixinais de Pepe Sendón e Carlos Santiago.
“Cranios Privilexiados ou crítica da razón perralleira”, o novo espectáculo de Mofa e Befa, proponse como un regreso ás orixes, á procura da raíz e do impulso cómico que animou a carreira destas dúas luminarias do xitanismo ilustrado. O espectáculo está dirixido a maiores de 13 anos e ten unha duración aproximada de 90 minutos.
A representación terá lugar ás 21.30h na Casa da Cultura de Melide con entrada de balde ata completar aforo.
Trátase dunha obra de teatro que poñerá o punto final ao I Ciclo de Comedia Teatral que se organizou en Melide este ano como vez primeira e que xa contou coas actuacións da compañía Talía Teatro e Malasombra Produccións.