Novas

Máis novas

Un desfile de moda local amosa as tendencias para a vindeira temporada

16/04/2018. O pasado sábado a Casa da Cultura encheuse para acoller a pasarela Melide está de Moda que se celebrou para presentar as tendencias para a vindeira temporada primavera-verán 2018. A presentadora Eva Iglesias guiou o evento

MELIDE 16 de abril de 2018.-  A Casa da Cultura de Melide acolleu durante a xornada do pasado sábado un desfile de moda onde se puideron ver sobre a pasarela as últimas tendencias da moda local para a temporada primavera-verán 2018. Os encargados de lucir os diferentes looks foron veciños e veciñas da vila que como cada evento destas características tiveron a ben colaborar cos diferentes establecementos participantes. A pasarela de moda estivo organizada como cada ano pola Asociación de Empresarios da Terra de Melide, ASETEM, coa que colabora o Concello de Melide e a Xunta de Galicia.

Como novidade este ano, a pasarela foi presentada por Eva Iglesias, cantante, presentadora e actric galega, coñecida pola súa colaboración co Land Rober da TVG quen a maiores de ser a principal conductora do acto tamén se encargou de poñerlle banda sonora con diferentes pezas musicais cantadas coa súa propia voz.

Ao acto, asistiron preto de medio millar de veciños e veciñas, así como tamén a alcaldesa de Melide, Dalia García acompañada de membros do seu equipo de goberno e a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, que tivo a ben pasar a súa tarde de sábado gozando da moda melidense




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp