- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A Concellería de Cultura celebrou o Día do Libro con actividades na biblioteca para os CEIPs da vila
22/04/2017. A biblioteca Xosé Vázquez Pintor acolleu unha sesión de música e contos dirixida aos colexios. A Compañía de Música e Contos de Jorge e María fixeron que o alumnado se implicase con actividades culturais arredor da literatura galega para conmemorar a importancia da lectura.
A Concellería de Cultura, a cargo da cal se encontra Dolores Gómez, ven de organizar actividades na biblioteca municipal co galo da celebración do Día do Libro e da lectura. En concreto, alumnado dos CEIPs públicos da vila desprazaronse ao Edificio Mulitusos para desfrutar da música e dos contos de Jorge e María, os artistas galegos encargados de difundir a importancia dos libros e da lectura neste 2017.
Por outra banda, a biblioteca municipal ven de adquirir 25 exemplares para todas as idades en lingua galega. Estos exemplares, como é habitual, están a disposición das usuarias e usuarios da biblioteca municipal.
Os títulos seleccionados teñen que ver con efemérides, obras relacionadas co patrimonio histórico-artístico e culturla da provincia da Coruña, obras de edicións que polo seu custo económico son de difícil acceso para o púlbico en xeral e obras relacionadas coa aprendizaxe da música e da lingua galegas. Entre os exemplares adquiridos podemos destacar os títulos como Morreu o demo, acabouse a peseta (libro DVD), As Irmandades da Fala. Reivindiación identitaria e activismo social no primeiro terzo do S.XX (1916-1931), Escola de Escritura con Xabarín (xogo educativo), A nosa Terra é nosa!, entre outros.