Novas

Máis novas

Debut dos rapaces e rapazas de atletismo de Melide na Liga Escolar en Santiago

11/04/2018. Os rapaces que forman parte das Escolas Deportivas do Concello de Melide na modalidade de atletismo realizaron a súa primeira proba. O grupo, formado por unha decena de nenos desprazouse ata Santiago para participar na Liga Escolar

MELIDE 11 de abril de 2018.- Os rapaces e rapazas da actividade de atletismo das Escolas Deportivas do Concello de Melide competiron por primeira vez durante a pasada fin de semana en Santiago de Compostela nun campionato organizado dentro da Liga Escolar.

O grupo, formado por unha decena de rapaces e rapazas, participaron na categoría alevín onde realizaron un triatlón que consistiu en correr 60 metros, lanzamento de peso e salto de lonxitude. Na categoría infantil, na que tamén participaron rapaces e rapzas das Escolas Deportivas de Melide a proba consistiu en correr 500 metros.

Trátase da primeira experiencia que os rapaces e rapazas da modalidade de atletismo teñen fóra de Melide e os monitores que os acompañaron explican que “foi unha xornada moi positiva porque os máis cativos tiveron a oportunidade de compartir experiencias e afeccións por un deporte que cada vez está máis en auxe como é o atletismo”.

Dende a actividade de atletismo das Escolas Deportivas do Concello de Melide xa preparan unha nova saída para participan nunha competición que terá lugar no próximo mes de maio no Concello de Riveira.

O Concello de Melide incorporou este ano a modalidade de atletismo as súas actividades deportivas que ofrece durante todo o ano a través da súa Concellería de Cultura.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp