- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle as probas internacionais de cans de caza Terra de Melide
06/04/2018. Como vén sendo habitual dende hai cuatro anos, Melide volve ser a sede para acoller as probas internacionales de cans de caza da Terra de Melide máis importantes de España que este ano collen xa proxección internacional
MELIDE 6 de abril de 2018.- Melide volve a ser a vila elixida por cuarto ano consecutivo para celebrar a proba internacional de cans de rastro de xabaril. Este ano como novidade, celebrarase en dúas fins de semana chea de actividade.
A primeira proba será a de cans de rastro de xabaril que se desputará durante esta fin de semana, 7 e 8 de abril na que todos os participantes terán un agasallo por participar e os premios oscilan entre os 1000 euros o primeiro e 60 euros para a persoa que quede en posición vinte. Haberá tamén rastro de xabaril dirixido a nenos con premios. A xornada desenvoverase no Monte do Bocelo dende as 9 h da mañá e os participantes, chegados dende diferentes puntos de España, citaranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Melide.
Durante esta fin de semana tamén se procederá a outorgar o recoñecemento de Maestro Montero da Terra de Melide a Luis de Oirán, referente en Galicia na modalidade de xabaril atraillado.
As probas están organizadas pola Sociedade de Caza da Terra de Melide, Tecor da Ulloa e Tecor A Xuntanza coa colaboración do Concello de Melide e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.
MAIS PROBRAS INTERNACIONAIS
A seguinte fin de semana que se desputen as probas serán os días 20, 21 e 22 de abril cando teña lugar os dous primeiros días o rastro de conexo, onde todos os días de optará a un CACT e o 22 tamén se celebrará o PAN (proba de aptitudes naturales) para os grupos 6,7 Spaniels e Retreviers. O domingo día 22 de abril Melide acollerá a V edición da Copa de España de Rastro de Coello.
CAZATAPAS
Este ano como novidade celebrarase paralelamente unha ruta de tapas chamada Cazatapas, onde os locais de Melide participan ofrecendo as súas creación con produtos de caza aos visitantes e Melide. Haberá tamén diferentes premios para os participantes e as tapas poderán degustarse durante dúas fins de semana do 13 ao 15 e do 20 ao 22.