- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
As alumnas de “Scene Ballet” de Melide participan no concurso Vigo Porté
06/04/2018. As alumnas das Escolas Deportivas do Concello participarán esta fin de semana no evento internacional de disciplinas de baile Vigo Porté que se celebra na cidade de Vigo. As melidenses amosarán o seu bo facer na cidade olívica
MELIDE 6 de abril de 2018.- As rapazas que forman parte do grupo “Scene Ballet” de Melide participan esta fin de semana no Vigo Porté de Vigo, un certame que crea unha nova disciplina de baile e que se pechará por primeira vez cunha gala na que actuarán todos os grupos gañadores.
O concurso levarase a cabo no Auditorio Mar de Vigo e contará con máis participantes que en anos anteriores nesta sétima edición. O xurado contará entre os seus membros con Arantxa Carmona, folclorista, coreógrafa e profesora do Real Conservatorio de Danza de Madrid “Mariemma”, Javier Castillo, Poty, coreógrafa coñecido pola súa intervención en concursos como Mira quién baila! e Operación Triunfo, será o presidente do xurado do Vigo Porté, que nesta edición repartirá algo mais de 9.000 euros en premios.
Como en edicións anteriores, en cada unha das catro modalidades de baile, os participantes competirán en tres categorías: infantil ata 10 anos, junior de 11 a 17 anos e absoluta con máis de 18 anos. Vigo Porté, internacionalizouse coa participación de Portugal, e agarda este ano poder contar cunha compañía alemana, o que constata a proxección que este certame ten dentro e fora de Galicia.