Novas

Máis novas

Xuntanza coa Mancomunidade para reclamar melloras no camiño

05/04/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, reuníase durante a xornada de onte cos seus homólogos dos concellos do Camiño Francés en Portomarín para analizar as carencias do Camiño Francés e ver as posibilidades de solucionalas

MELIDE 5 de abril de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, reuníase durante a xornada de onte en Portomarín con outros rexedores de municipios que forman parte da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Durante a xuntanza analizouse o estado actual do treito do Camiño Francés que pasa por cada municipio membro do colectivo e chegaron á conclusión de pedir que se mellore de maneira u”rxente o estado e o mantemento da ruta xacobea”

 A maiores dos rexedores membros da Mancomunidade tamén estivo presente Elena Barca, a xerente de Turismo de Galicia e a empresa concesionaria dos traballos de mantemento do itinerario e diferentes técnicos.

A Mancomunidade tamén celebrou un pleno no que se acordou levar a cabo unha campaña ante o abandono de cans no Camiño a mans dos peregrinos, especialmente nas últimas etapas. Para isto, vanse repartir pegatinas nas que se instará ás persoas a non recoller cans abandonados que se atopen ao longo do camiño xa que teñen dono e fogar.

Por outra banda tamén se aprobou a adhesión á campaña “Galega cen por cen”, para a promoción do leite autónomo entre consumidores e peregrinos nos municipios da mancomunidade. Esta iniciativa agrupase baixo o nome de “O leite no Camiño Francés”.

Neste encontro os asistentes tamén acordaron a renovación da páxina web da Mancomunidade así como a súa presenza nas redes sociais co obxetivo de promocionarse e difundir a ruta xacobea a través do Facebook.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, facía balance positivo da xuntanza xa que “puxemos sobre a mesa as inquedanzas de todos os municipios que formamos parte da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés para traballar conxuntamente en diferentes iniciativas que poñerán en valor o camiño que tanta riqueza produce nos nosos concellos, elemento que forma parte do motor económico de cada vila pola que pasa”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp