- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O paro volve a descender en Melide e Comarca no mes de marzo
04/04/2018. Un total de 29 persoas atoparon un emprego no pasado mes de marzo na nosa vila de Melide, sendo o número de desempregados na actualidade de 439. No conxunto da Comarca o paro descendeu tamén en 39 persoas, sendo un total de desempregados de 659
MELIDE 4 de abril de 2017.- O paro descende un mes máis en Melide e nos concellos da Comarca: Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes. Na actualidade a Comarca da Terra de Melide conta cun total de 659 desempregados, 38 persoas menos que no pasado mes de febreiro. Así as cousas, Melide é a vila da Comarca onde máis descende o paro cun total de 29 desempregados menos no mes de marzo. Melide conta na actualidade con 439 parados. Santiso ten 90 parados, 5 menos que no mes anterior, Sobrado catro desempregados menos e Toques ten 62 persoas desempregadas, o mesmo número que no mes de febreiro, polo tanto neste concello o paro non sube nin baixa.
Con todo, Galicia é a Comunidade Autónoma na que máis baixa o desemprego no último ano rexistrando unha caída do 11,88%. Deste xeito, péchase o mes de marzo con 185.103 parados, o que supón con respecto a hai un ano un descenso de 24.953 persoas, a maior caída de toda a serie histórica (1996).