- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide pon en marcha o I Ciclo de Comedia Teatral
03/04/2018. Artistas como Xoque Carbajal, Artur Trillo, Jouse García, Josito Porto ou Víctor Mosqueira entre outros participarán no I Ciclo de Comedia Teatral que se organiza dende a Concellería de Cultura do Concello de Melide durante tres días
MELIDE 3 de abril de 2018.- O Concello de Melide, dende a súa Concellería de Cultura pon en marcha o I Ciclo de Comedia Teatral, dando continuidade ao traballo realizado por esta concellería para achegar a nosa vila ocio de calidade durante as fins de semana melidenses.
Así, este Ciclo de Comedia Teatral poñerase en marcha este próximo venres coa actuación da compañía Talia Teatro que poñerá en escena O Servidor de Dous Amos baixo a dirección de Diego Rey. Trátase dunha revisión do clásico do mesmo nome, caracterizado como “un dos textos máis inmortais da historia do teatro”. A representación será o venres 6 de abril.
Xa durante a xornada do sábado 7 de abril, a cita será con Malasombra Produccións que achegarán a Melide “D.E.P., unha comedia de morte”, unha obra na que se amosa o humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante o reparto dunha herdanza.
O sábado 21 de abril e como peche deste Ciclo de Comedia Teatral, a actuación correrá a cargo de Mofa e Befa coa obra Cránios Privilexiados ou crítica da razón perralleira, onde os protagonistas se someterán a un duro execicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución e, se non a ten non queda outra que inventala.
Todas as actuacións serán na Casa da Cultura de Melide ás 21.30h da noite con entrada libre e gratuita ata completar aforo.