Novas

Máis novas

Comezan as obras de mellora do tramo na N-547 que une Melide e Palas de Rei

03/04/2018. As obras consistirán na mellora do firma na Nacional 547 que une Melide e Palas de Rei. Realizaranse á altura de San Xulián do Camiño e San Pedro de Meixide e solucionarán os problemas que existían e que incrementarán a seguridade neste viario

MELIDE 3 de abril de 2018.- Hai uns días comezaron as obras que mellorarán a estrada Nacional 547 moi deteriorada e que une Melide con Palas de Rei e que verá con estas actuacións renovado con aglomerado en quente o seu aslfatado.

Con estas accións cúmprense as palabras do Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, cando se achegaba a Galicia para colocar a primeira pedra da autovía A-54 no tramo entre Melide e Arzúa. O ministro avanzaba neste encontro que cunha partida de máis de tres millóns de euros tamén se arranxarían viarios de titularidade estatal en peor estado na nosa comunidade e entre eles este que une Melide e Palas de Rei pola Nacional 547.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, amosaba así a súa satisfación co inicio dunha obras “tan agardadas polos veciños e veciñas da vila nun treito que moitos utilizan no seu día a día. Un tramo moi deterioriado que era necesario arranxar, o viario gañará en estabilidade e seguridade para os conductores”. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp