- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis de douscentos veciños participan na andaina solidaria a favor da igualdade
21/03/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira de Igualdade e Benestar María Jesús López, e outros membros da corporación acompañaron aos veciños da vila nun tramo do Camiño de Santiago, unha andaina a favor da igualdade
MELIDE 21 de marzo de 2018.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide puxo en marcha durante a mañá de hoxe unha andaina solidaria a favor da igualdade. Trátase dunha actividade que estaba organizada para o pasado 8 de marzo, día da Muller e que por mor do mal tempo non puido realizarse e tivo que ser aplazada.
Os participantes nesta actividade, máis dun centro de veciños e veciñas xunto co alumnado do colexio da Martagona e membros de Bule con Alcer, estiveron acompañados pola alcaldesa de Melide, Dalia García e pola concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López, así como outros membros da corporación local melidense.
A andaina partiu da altura do polígono da Madanela e consistiu no percorrido dende ese punto polo Camiño de Santiago ata a chegada á praza do Convento, onde os participantes foron recibidos con globos violetas e brancos que simbolizaban as mortes ocorridas durante o pasado ano 2017 e o que neste 2018 por violencia de xénero. Todos os participantes portaron durante o seu camiño camisetas co lema da igualdad deste ano.
A rexedora melidense, explicou aos asistentes na propia praza do Convento que Melide conta na actualidade cun Centro de Información á Muller que ten como obxetivo principal axudar as mulleres e os seus fillos cando sofren unha situación de violencia de xénero. Dalia García, brindou a súa axuda aos máis cativos, facendo especial fincapé en que “se son coñecedores dunha situación de violencia de xénero, podedes contar conmigo para pedir axuda, sabedes onde está o meu despacho ou podedes pararme pola rúa. Os nenos teñen o dereito a ser felices e baixo ningún concepto, ninguén pode arrebatarllo”.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, deu lectura aos presentes dun manifesto poñendo en valor o papel da muller na sociedade actual, manifesto que foi levado a Pleno polo equipo de goberno e aprobado por unanimidade dos tres partidos políticos con representación na vila melidense.
Durante o acto na praza do Convento gardouse un minuto de silencio pola recente e tráxica morte do pequeno Gabriel e finalmente houbo unha solta de globos simbólica e en recordo a todos os falecementos ocorridos por violencia de xénero nos últimos tempos.
Dende o Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar organizaron diversas actividades para conmemorar o día 8 de marzo, día Internacional da Muller, así como tamén traballan na elaboración de diferentes plans para fomentar a igualdade tanto a nivel escolar como nos diferentes rangos de idade dos veciños e veciñas da vila.