- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Comezan as obras do tramo Melide-Arzúa da autovía A-54
20/03/2018. A alcaldesa de Melide, Dalia García, e membros do seu goberno municipal asistiron hoxe ao inicio das obras do tramo da autovía A-54 que unirá Melide con Arzúa. Unha vella demanda de todos os galegos que verán cumprida dentro de catro anos
MELIDE 20 de marzo de 2018.- Fomento inicia as obras do tramo Melide-Arzúa da autovía A-54, o último para completar o trazado da nova autovía A-54, unha vella demanda de todos os galegos que verán cumprida.
Durante a xornada de hoxe a alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto co seu homólogo arzuá, José Luis García, acompañaron ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo no acto de primeira pedra das obras do tramo do enlace de Melide Sur-enlace de Arzúa Oeste da autovía A-54 entre Lugo e Santiago de Compostela. Trátase do último tramo para completar o trazado da autovía A-54.
A nova autovía permitirá mellorar a seguridade viaria da actual N-547, principal vía de unión entre Lugo e Santiago de Compostela. Co inicio das obras deste tramo, todo o trazado da A-54 atópase ou en servizo (tramos entre Lugo e Palas de Rei e Lavacolla-Santiago) ou en obras (tramos entre Palas de Rei e Lavacolla).
A inversión total da actuación ascende a 103 millóns de euros, incluindo os orzamentos das asistencias técnicas de redacción do proxecto, control e vixiancia das obras así como tamén o importe estimado das expropiacións.
CARACTERÍSTICAS DO TRAMO
O tramo que unirá Melide e Arzúa pola A-54 terá unha extensión de 16,38 quilómetros. Iniciarase en Melide conectando co enlace Melide Sur co tramo en obras da A-54 entre Palas de Rei e Melide e finaliza no enlace Arzúa Oeste, onde entronca co tramo tamén en execución entre Arzúa e Lavacolla.