- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle esta fin de semana a concentración de caravanas europeas máis espectacular de España
22/04/2017. 220 caravanas concentránse na explanada do Campo da Feira e na Área Fluvial do Río Furelos. Os ocupantes, que suman preto de cincocentas persoas, desprazanse dende Samos, lugar que visitaron ónte, e veñen facendo unha ruta por toda a xeografía Española tendo como fío principal o Camiño de Santiago.
A explanada do Campo da Feira de Melide convírtiuse hoxe no escenario de acollida de máis de 220 caravanas que chegaron a localidade a media mañá para desfrutar dunha das vilas con máis dinamismo do Camiño de Santiago. A alcaldesa de Melide, Dalia García, achegouse ao lugar para recibir aos visitantes e manter unha charla animada cos mesmos.
Alí mesmo trasladaronlle á rexedora a vontade de coñecer a vila, quen lles aconsellou gastronómicamente falando que o típico eran os Doces Tradicionais Melidenses, Melindres, Ricos e Améndoados así como o pulpo a feira. Doutro orden de cousas, tamén se distribuíu material turístico da zona, rueiros e guías de Melide que supoñen dar a coñecer o patrimonio artístico, cultural e gastronómico da vila. Durante toda a xornada estarán en Melide así como a pernotación neste punto céntrica da vila así como na Praia fluvial de Furelos.
Dende o Concello amósanse moi perceptivos a acoller este tipo de iniciativas, que segundo a rexedora melidá “axudan a espallar a nosa cultura, patrimonio e costumes melidenses a un público ao que non chegamos polos medios tradicionais”. O Concello habilitou puntos de auga e recollida especial de lixo nestes puntos para darlle unha acollida o máis cómoda posible aos visitantes.