Novas

Máis novas

Melide realizará mañá a andaina solidaria que aplazou con motivo do día da Muller

20/03/2018. A concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide tiña organizado unha andaina solidaria con motivo do día da Muller o pasado 8 de marzo que por mor do mal tempo non puido levarse a cabo, a andaina será mañá mércores

MELIDE 20 de marzo de 2018.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide poñerá en marcha na xornada de mañá unha andaina solidaria a favor de todas as mulleres que tiña previsto realizar o pasado 8 de marzo e que por mor do mal tempo tivo que ser cancelada.

A andaina partirá ás 11h da mañá do polígono da Madanela e a ela asistirán a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón, acompañada da a alcaldesa de Melide, Dalia García e outros membros da corporación municipal así como persoal técnico do Centro de Información á Muller de Melide. Tamén está previsto que participen nesta actividade os rapaces e rapazas do colexio Martagona, o alumnado do Centro Ocupacional da vila, os participantes do programa Bule con Alcer así como tamén todos os veciños e veciñas que queiran unirse.

O percorrido que se vai a realizar será dende o polígono industrial da Madanela ata a praza do Convento de Melide onde terá lugar unha lectura dun manifesto que poñerá en valor o papel da muller na sociedade actual e unha solta de globos simbólica.

Dende o Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar organizaron diversas actividades para conmemorar o día 8 de marzo, día Internacional da Muller, así como tamén traballan na elaboración de diferentes plans para fomentar a igualdade tanto a nivel escolar como nos diferentes rangos de idade dos veciños e veciñas da vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp