- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Avanzan as obras de mellora da eficiencia enerxética nas vivendas protexidas
20/03/2018. A conselleria de Infraestruturas e Vivenda, visitará mañá as obras de mellora de eficiencia enerxética das vivendas de protección autonómica, tamén manterá unha xuntanza cos veciños sobre as axudas para a rehabilitación de vivendas
MELIDE 20 de marzo de 2018.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, visitará na tarde de mañá mércores as obras de mellora da eficiencia enerxética que se están levando a cabo estes días nas vivendas de protección autonómica en Cándido Paz Ares.
A visita da conselleira de Infraestruturas e Vivenda será ás 17.30h da tarde co fin de supervisar de primeira man estas actuacións, e estará acompañada por Dalia García, alcaldesa de Melide ademais de persoal técnico tanto municipal como da Xunta de Galicia.
Estas melloras consisten no illamento térmico no exterior da edificación e teñen un prazo de execución de tres meses. As actuacións, unha cun orzamento de 252.830,79 euros e outra de 352.534,60 euros foron adxudicadas no pasado mes de decembro e logo da pertinente licenza municipal, deron comezo a principios do mes de marzo.
CHARLA AXUDAS ARI
Ao mesmo tempo, durante a visita a Melide da conselleira, Ethel Vázquez participará nunha xuntanza informativa cos veciños da vila onde se lles explicarán as axudas que ten en marcha a consellería para a rehabilitación de vivendas ubicadas no Camiño de Santiago.
A cita será mañá mércores ás 19h da tarde no edificio Multiusos de Melide.