- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Os pilotos melidenses Ferreiro e Anido suben ao podio en Girona
19/03/2018. Os veciños de Melide acudían esta pasada fin de semana a Girona onde participaron na primeira proba do Campionato de Europeo de Rallyes Históricos. Os pilotos locais conseguiron subir ao podio e obtiveron o primeiro posto da categoría 3
MELIDE 19 de marzo de 2018.- Xesús Ferreiro e Javier Anido conseguiron subirse ao podio unha vez máis esta pasada fin de semana na primeira proba do Campionato do Europeo de Rallyes Históricos que se celebrou en Girona. O equipo de Melide acudía ao 66 Rally Costa Brava, o máis antiguo de España, que xa gañaran en 2014.
A cita, tamén puntuable para o Campionato de España de Rallyes Históricos eo Campionato de Cataluña tivo resultados positivos para os de Melide. Ferreiro e Anido lograron o terceiro posto da clasificación xeral, así como tamén o primeiro posto da categoría 3, onde compiten coches históricos que están fabricado antes do ano 81.
Ferreiro e Anido, foron os únicos españois que lograron podio no Campionato Europeo de Rallyes Históricos celebrado esta pasada fin de semana.