Novas

Máis novas

Ouro para as rapazas de “Scene Ballet” de Melide

19/03/2018. Oito rapazas de Melide das escolas deportivas do grupo “Scene Ballet” desprazábanse esta fin de semana a Valladolid para participar nunha proba clasificatoria para a final do Campionato Nacional de Danza que se celebrará en Tarragona

MELIDE 19 de marzo de 2018.- O grupo de rapazas das escolas deportivas de Melide formado por oito nenas desprazáronse ata Valladolid esta pasada fin de semana.

Os galardóns conseguidos polas rapazas de prepatorio foron os seguintes: segundo posto en grupal clásico e tres medallas de prata en individual clásico que foron para Lorena Rodríguez, Estela Sánchez, Ainara Mato e unha medalla de bronce para Antía Varela.

No que comprende ao nivel medio foron premiados dous  dúos un en categoría 3 e en estilo fusión e outro en categoría 2, foron os ouros obtidos polas mozas de Melide Marta Mosquera, Atenea Martínez, Laura Sánchez e Mariña Ferreiro. 

Por outra banda, o grupo de ballet melidense tamén conseguiu primeiros premios na categoría individual coa actuación de Laura Sánchez en estilo jazz categoría 4 e Marta Mosquera en estilo fusión en categoría 3. Grazas a estes resultados as mozas de Melide participarán na final do Campionato Nacional de Danza que se celebrará en Tarragona o 4,5 e 6 de maio.

PRÓXIMA CITA EN VIGO

As alumnas de “Scene Ballet” de Melide terán a súa vindeira cita a primeira fin de semana do mes de abril coincidindo cos días 7 e 8 na cidade olívica, donde participarán no Vigo Porté. Trátase dun evento internacional de disciplinas de baile que se celebra por terceiro ano consecutivo nesa cidade. O xurado profesional que avaliará aos participantes estará dirixido polo coñececido bailarín televisivo Poty Castillo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp