Novas

Máis novas

Comezan as obras de arranxo da estrada AC-840 ao seu paso por Melide

16/03/2018. As obras mellorarán a seguridade viaria da AC-840 ao seu paso por Melide cun investimento que superarán os 60.000 euros. A actuación con máis custe serán as obras realizadas no que comprende a Ronda de Pontevedra ao seu paso pola vila

MELIDE 16 de marzo de 2018.- Hai uns días que comezaron as obras de mellora da seguridade viaria da AC-840 ao seu paso por Melide.  Estas melloras supoñerán un investimento total de 60.493, 66 euros e incrementarán a accesibilidade para peóns no tramo da travesía da estrada autonómica AC-840 no PK 60 ata o 51.

Ao mesmo tempo que se está mellorando ese treito da AC-840 a súa altura da Ronda de Pontevedra, o Concello de Melide tamén realiza actuacións para mellorar a seguridade viaria no cruce con determinadas rúas que teñen intersección con esta estrada, tales como coa Avenida de América no PK 50+505 na rúa Melide Di Lugano no PK 50+770, e na propia intersección da Rúa Vigo e Rúa Euskadi, no PK 50+865 e no PK 51 no cruce coa rúa Irmandiños.

A actuación de máis investimento, case 24.000 euros, será destinada á Ronda de Pontevedra, onde se procederá unha vez rematadas as obras á reorganización do tráfico rodado e o propio aparcadoiro.

Trátase dunha actuación que a alcaldesa de Melide, Dalia García, trasladou de primeira man  á Conselleira de Infraestruturas, entidade responsable do mantemento desta estrada. Tal e como explica a rexedora “despois dun estudo pormenorizado de todas e cada unha das actuacións, unha vez máis, dende a Xunta de Galicia tiveron a ben atender as demandas dos melidenses”. “Trátase dunha estrada moi concurrida con moito tráfico rodado no seu día a día, de feito é a única canle de comunicación interior que temos cara a AP-9 dirección Coruña, sen ir  Santiago de Compostela”.

A alcaldesa de Melide facía especial fincapé en que as obras que se están levando a cabo na AC-840 “pretende priorizar ao peatón fronte ao tráfico rodado, todo á vez que se detectan tanto por técnicos como por persoal do Concello puntos onde é necesario aumentar a seguridade viaria dada a propia morfoloxía da propia vía”.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp