Novas

Máis novas

Rapazas de “Scene Ballet” de Melide participarán no Concurso Nacional Anaprode

13/03/2018. As rapazas das Escolas Deportivas na disciplina de ballet, con idades comprendidas entre os 8 e 17 anos participarán en diferentes modalidades no Concurso Nacional Anaprode que se celebrará en Valladolid esta vindeira fin de semana

MELIDE 13 de marzo de 2018.- O grupo de rapazas de ballet das Escolas Deportivas do Concello de Melide participará esta vindeira fin de semana, 17 e 18 de marzo no Concurso Nacional Anaprode que se celebra en Valladolid. Como cada ano, este certame contará con máis de medio milleiro de deportistas procedentes da zona norte de España que engloba as provincias da Coruña, Álava, Burgos, Gijón, Guipúscoa, Langreo, León, Lugo, Ourense, Oviedo, Palencia, Pontevedra, Santander, Valladolid e Zamora.

Baixo a atenta mirada do xurado, as rapazas de Melide poñerán sobre o escenario de Valladolid dúas actuacións grupais de clásicos e jazz, catro variacións individuais clásico, dúas actuacións inviduais: unha fusión e outra de jazz, e dous dúos de estilo fusión.

Ainara Mato, Antía Varela, Lorena Rodríguez e Estela Sánchez en nivel preparatorio e Atenea Martínez, Marta Mosquera, Laura Sánchez e Mariña Ferreiro en nivel medio, serán as protagonistas que defendan o ballet melidense esta vindeira fin de semana.

As alumnas de ballet de Melide reciben clases tres veces á semana e terán como obxetivo principal alcanzar o primeiro posto, posición que lles dará acceso para poder participar na fase final que se celebrará en Tarragona os días 4,5 e 6 de maio.

PRÓXIMA CITA EN VIGO

As alumnas de “Scene Ballet” de Melide terán a súa vindeira cita a primeira fin de semana do mes de abril coincidindo cos días 7 e 8 na cidade olívica, donde participarán no Vigo Porté. Trátase dun evento internacional de disciplinas de baile que se celebra por terceiro ano consecutivo nesa cidade. O xurado profesional que avaliará aos participantes estará dirixido polo coñececido bailarín televisivo Poty Castillo.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp