- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide homenaxea ás mulleres rurais cunha cea de confraternidade
12/03/2018. Mulleres de todas as idades déronse cita para compartir unha cea en Melide que tivo lugar nun coñecido restaurante da vila. A alcaldesa, a concelleira de Igualdade e Benestar e a conselleira de Medio Rural participaron no evento
O Concello de Melide organizou unha xuntanza de mulleres aberta a toda a veciñanza na que se loubaron as accións de asociacionismo especialmente dirixidas a mulleres.
A cea de fraternización contou coa presenza da Conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López.
O acto desenvolveuse o pasado venres ao que asistiron arredor de 160 mulleres chegadas dende todas as parroquias de Melide e tivo como fío condutor o recoñecemento do labor feito ao longo dos anos da Asociación de Mulleres Catasol, da Asociación Alecrin, da Asociación ARUME e da Asociación Mulleres Emprendedoras do Rural.
Pola súa banda, a alcaldesa de Melide tamén quixo visibilizar a importancia dos servizos municipais en canto á atención da problemática de xénero, o Centro de Información á Muller, e outros servizos localizados no Centro Social que están a disposición gratuita da veciñanza.
Nas próximas datas levarase a cabo a realización da Andaina pola Igualdade, aplazada por mor do tempo o pasado 8 de marzo, día da Muller.