Novas

Máis novas

O Concello de Melide recibe unha pértiga e dous traxes para loitar contra a vespa velutina

22/04/2017. A Directora Xeral de Gandeiria e Agricultura, Belén do Campo, desprazouse a Melide para facer a entrega do material a Alcaldesa, Dalia García Couso, quen solicitou á Xunta de Galicia efectivos para compartir esforzos entre a administración local e autonómica.

A Directora Xeral de Gandeiria e Agricultura, Dona Belén do Campo, desprazouse a Melide para entregar ao Concello material de loita contra a vespa velutina; Era unha demanda deste Concello xa que durante o 2016 se retiraron 25 niños de vespa velutina en colaboración coa veciñanza e a administración autonómica. 

Unha pértiga de 25 metros permitirá ser moito máis áxil na retirada de niños xa que a maioría das veces esta especie elabora o seu niño en árbores de gran altura sendo dificultosa a súa eliminación con medios locais. Por outra banda, a Consellería tamén sufraga dous traxes especializados na loita contra esta especie que está azoutando o noso medio rural e urbano e que todos debemos combater, en palabras da Directora Xeral. 

Dalia García subliñou a importancia de que todos, técnicos, Concello, Xunta e veciñanza esteña coordinada na loita contra esta especie para que o seu trascender no territorio sexa o menor posible; por outra banda, avanzou que o Concello traballa actualmente nunha charla informativa para apicultores e público en xeral co fin de protocolizar a eliminación de niños e informar a poboación dos seus riscos. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp