Novas

Máis novas

Xuntanza cos veciños para a reorganización do tráfico na rúa San Antón por obras

07/03/2018. As obras están previstas que comecen o vindeiro 15 de marzo. A alcaldesa de Melide xunto con persoal técnico do Concello e a Policía Local explicaron aos veciños os cortes que se levarán a cabo na zona durante a execución das obras

MELIDE 7 de marzo de 2018.- As obras da rúa San Antón comezarán previsiblemente o vindeiro 15 de marzo. Por esta razón, Dalia García, alcaldesa de Melide acompañada de persoal técnico municipal e da Policía Local reuníronse cos veciños e veciñas desta zona para explicarlles a reorganización do tráfico que se levará a cabo durante a execución das obras.

Por unha banda estas actuacións afectarán ao mercado dominical, xa que os postos de alimentación que se sitúan na rúa San Antón serán reubicados á praza das Coles. Os postos de textiles que se sitúan tamén na rúa afectada serán colocados na travesía do Convento, a carón dos xa existentes. Os postos que se ubican na rúa da Alhóndiga continuarán neste mesmo lugar, xa que esta rúa permancerá pechada ao tráfico, con excepción dos servizos do velorio municipal e os residentes.

Por outra banda, o tráfico rodado da rúa Mateo Segade Bugueiro, rúa México e Camiño das Cabadas, será de dirección única e só se permitirá o estacionamento para carga e descarga, e desviaranse os vehículos por Sabián dirección á Nacional 547 ou pola rúa do Carme, onde se sitúa o Castelo. A estrada San Antón, quedará cortada á altura do Albergue de Peregrinos da Xunta de Galicia.

Salvo excepcións non se permitirá o tráfico rodado na praza do Convento. A travesía do Pozo Pequeno tamén será acondicionada, elimiando así un punto de feísmo na zona antiga da vila, polo que o tráfico será cortado nesa ubicación.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, García pide a colaboración de todos os veciños e veciñas xa que estas son rúas moi transitadas, nas que se atopan servizos públicos demandados como a Casa do Concello, Extensión Agraria, Velorio Municipal, Seguridade Social, etc..

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp