Novas

Máis novas

Descende o paro na vila e na Comarca da Terra de Melide no mes de febreiro

05/03/2018. Foron un total de seis persoas ás que atoparon traballo na vila durante o pasado mes de febreiro, a localidade conta actualmente cun total de 468 desempregados e a Comarca cun total de 697, a tendencia nos últimos meses é á baixa

MELIDE 5 de marzo de 2018.- O paro descende en Melide e Comarca. A nosa vila deixa un total de seis desempregados menos, sendo a cifra total de parados de 468 resultando a cifra de parados en 697 entre os municipios de Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes.

Melide ten na actualidade 468 desempregados, 6 persoas menos que no pasado mes de xaneiro. Santiso conta con 95 desempregados, un máis que no mes pasado. En canto ao municipio de Sobrado dos Monxes a cifra é de 72 desempregados ao igual que en xaneiro, e no concello toquense o mes de febreiro deixou un total de 62 desempregados, un máis que no mes anterior.

No conxunto de Galicia, a nosa comunidade autónoma pechou o mes de febreiro con 23.717 parados menos con respecto a hai un ano (-11,19%), o que supón a maior baixada de toda a serie histórica, desde o ano 1996, posicionándose como a segunda na que máis cae o desemprego. Ademais, na evolución mensual rexistrouse a maior caída desde o inicio da crise económica nun mes de febreiro, con 1.679 desempregados menos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp