- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello realiza obras de saneamento en varias rúas do centro urbano da vila
02/03/2018. O Concello investirá un total de 61.745 euros nas obras de renovación e mellora da rede de recollida de pluviais e saneamaento na rúa Rosaleda e Melide di Lugano, tamén mellorará o pintado doutras rúas incrementando a súa seguridade
MELIDE 2 de marzo de 2018.- As obras comezaron esta semana na rúa Melide di Lugano e na rúa Rosaleda, dúas rúas moi céntricas da vila de Melide que serán obxeto con estes traballos da renovación e mellora da rede de recollida de pluviais e saneamento e posterior reposición do firme.
Os traballos, que teñen un prazo de execución de tres meses, consisten na separación da rede de pluviais e saneamento na rúa Rosaleda, que actualmente usa un sistema unitario, e na renovación deste na rúa Melide di Lugano. Así, a rúa Rosaleda manterá o servizo de saneamento actual, con saída ao Cantón de San Roque, e implantarase unha nova rede de saneamento a maior profundidade con dirección á rúa Gaiteiros os Garceiras, aliviando deste xeito o funcionamento da EDAR.
Por outra banda, prevese construir unha nova rede de pluviais cos seus respetivos sumidoiros que quedará conectada á rede da rúa Gaiteiros os Garceiras. A superficie total da actuación será de 1.190 metros cadrados, dos que 563 metros corresponden á rúa Rosaleda e 727 metros á rúa Melide di Lugano.
As obras, que teñen un orzamento de preto de 62.000 mil euros, contribuirán a mellorar a calidade ambiental do Concello de Melide. Dalia García, alcaldesa de Melide, facía fincapé na capacidade de resposta do seu equipo de goberno para “contestar con feitos as demandas dos veciños, traballando no noso día a día polos veciños da vila e sobre todo, mellorando redes de saneamento no casco urbano, unha necesidade imperante para diminuír tanto a carga mediambiental da EDAR melidense como ir cubrindo todo o núcleo con actuacións de mellora da canalización”.
REFORZO SINALIZACIÓN HORIZONTAL
Ao mesmo tempo, tamén durante a execución destes traballos mellorarase a sinalización horizontal das rúas afectadas polos traballos de saneamento: a rúa Rosaleda e a rúa Melide di Lugano, así como tamén do entorno da praza das Universidades, a rúa Galicia e a rúa Taboada Roca. Estes traballos de repintado incrementarán a seguridade das zonas beneficiarias desta actuación. Así mesmo, a rexedora melidá recorda que en breve, nun prazo non superior a 1 mes comezarán as obras do Cantón de San Roque proxectadas grazas ao investimento do Plan Hurbe da Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio que entroncarán con estas rúas recentemente renovadas. García pola súa banda, pide a colaboración de todos os veciños e veciñas de Melide xa que estas son rúas moi urbanas, con moito tráfico rodado e nos que hai grandes bolsas de aparcamento que se verá reducido mentras duren as obras.