Novas

Máis novas

Melide traballa na organización de actividades para celebrar o Día da Muller

01/03/2018. O Concello de Melide, dende o seu departamento de Igualdade e Benestar, intensifica estes días os traballos para poñer en marcha actividades para todas as idades que conmemoren o xoves 8 de marzo o Día Internacional da Muller na vila

MELIDE 1 de marzo de 2018.- A Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide prepara diversas actividades para celebrar o próximo 8 de marzo o Día da Muller. Trátase dunha xornada na que este departamento pretende facer un chamamento á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e poñer en valor o traballodestas últimas, moitas veces infravalorado en determinados sectores da sociedade.
O propio 8 de marzo, o Concello de Melide organiza unha andaina solidaria baixo o nome “Camiño cara a igualdade” que partirá ás 11h da mañá do polígono da Madanela. Están convocados os tres centros de educación primaria da vila e á que poden unirse veciños e veciñas de Melide que queiran participar da actividade. A previsión é realizar un pequeno tramo do Camiño de Santiago e chegar sobre as 12.30h á praza do Convento, ondeterá lugar a lectura dun manifesto e unha solta simbólica de globos por parte dos nenos e nenas participantes.
A andaina contará coa participación secretaria xeral para a igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, a alcaldesa de Melide, Dalia García, e a concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, María Jesús López. 

HOMENAXE ÁS MULLERES RURAIS
Pola súa banda, dentro da programación para a celebración do 8 de marzo, terá lugar unha ce ahomenaxe ás mulleres rurais, aberta a todas as veciñas de Melide que queiran compartir este acto. Será o venres 9 de marzo nun coñecido restaurante da vila, onde as asistentes compartirán unha cea de confraternidade. No trascurso desta cea realizarase un homenaxe ás asociacións rurais da vila, actualmente catro: A Asociación de Mulleres Rurais de Melide, A Asociación ARUME, a Asociación Alecrín e a Asociación Catasol. Representantes destas catro asociacións estarán presentes na cea para reinvindicar o papel da muller rural na sociedade actual e poñer en valor o traballo que realiza e que leva realizando ao longo dos anos.
Dalia García, alcaldesa de Melide, a concelleira de Igualdade e Benestar da localidade, María Jesús López e outros membros da corporación municipal, así como a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, xa confirmaron a súa asistencia a esta cea de confraternidade.
As mulleres interesadas en participar nesta cea terán que inscribirse no departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp