- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide incrementa os puntos de información nas parroquias do rural
28/02/2018. O Concello de Melide traballa estes días na colocación de paneis informativos en diferentes puntos do rural para incrementar así a comunicación cos veciños destas zonas, para mantelos ao día de todas as actuacións que se realizan
MELIDE 28 de febreiro de 2018.- O Concello de Melide traballa na colocación de paneis informativos nas parroquias do rural en áreas de común concorrencia entre os veciños e veciñas, tales como poden ser igrexas, marquesiñas ou centros sociais.
Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que con estas accións “ continuamos dende o Concello de Melide a senda que iniciamos con anterioridade xa que aumentamos o número de paneis informativos, eliminando así puntos onde se adoitaban a pegar carteis que creaban feísmo nas diferentes parroquias”.
OUTRAS ACTUACIÓNS NO RURAL
Ao mesmo tempo, o Concello de Melide complementa estas accións de mellora nos lugares rurais de Melide reforzando os puntos de recollida de residuos con diferentes illas acementadas onde se intalan contedores de todos os tipos para incrementar a reciclaxe tamén nas parroquias da vila. Parroquias beneficiarias destas medidas xa foron Xubial ou Zas Rei entre outras e a previsión é que se coloquen estas zonas de depósito de residuos en todas as parroquias.