Novas

Máis novas

Máis de cen coches clásicos visitaron Melide na VII Ruta do Cocido

26/02/2018. A Escudería O Toxo de Lalín fixo parada en Melide dentro da súa VII Ruta do Cocido que celebran anualmente e que congregou a máis de 200 participantes. Concentráronse na praza do Convento e rúas Ovedo e Mateo Segade Bugueiro do casco antigo

MELIDE 26 de febreiro de 2018.- A praza do Convento de Melide e as rúas lindeiras como a de Mateo Segade Bugueiro ou a de Ovedo foron os lugares elixidos pola Escudería O Toxo de Lalín para realizar un pequena concentración de coches clásicos na nosa vila. Foron máis de cen vehículos antigos os que foron protagonistas durante un par de hora na nosa vila no domingo de feira.

Chegados dende diferentes partes de Galicia, os participantes amosaron os seus vehículos aos veciños e veciñas da vila que puideron gozar cos vehículos clásicos.

Esta actividade enmarcouse dentro da VII Ruta do Cocido que anualmente organiza a Escudería O Toxo de Lalín.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp