- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Os coches clásicos serán os protagonistas o domingo de feira en Melide
23/02/2018. A Escudería de Coches Clásicos O Toxo, realizará unha parada en Melide dentro da súa VII Ruta do Cocido. Será a praza do Convento onde máis de cen coches clásicos se den cita na nosa vila. Coñecerán Melide e gozarán do mercado dominical
MELIDE 23 de febreiro de 2018.- Melide será vila de parada dentro da VII Ruta do Cocido que se organiza para este próximo domingo. A Escudería de coches Clásicos O Toxo de Lalín, composta por membros de todas as idades e algún veciño melidense, fará parada na súa ruta en Melide durante a mañá do domingo. A previsión é ás 11.30h da mañá comecen a chegar os primeiros vehículos que se instalarán na praza do Convento, e as rúas anexas: rúa Mateo Segade Bugueiro e rúa Ovedo. Estarán na nosa vila ata o mediodía, momento no que continuarán a súa ruta. En Melide, a maiores de amosar os seu vehículos tamén teñen previsto visitar o mercado dominical, coincidindo co seu día grande, o último domingo de mes.
En total serán máis de 200 persoas e máis de 100 vehículos os que se den cita en Melide para proseguir a Ruta do Cocido que facendo honra ao seu nome, rematará cunha comida de confraternidade na vila lalinense.
Dende o Concello de Melide brindouse todo tipo de colaboración para que esta actividade puidera levarse a cabo na nosa vila xa que en palabras de Dalia García, alcaldesa de Melide “ trátase dunha actividade que trae xente a Melide chegada dende outros puntos de Galicia, unha boa oportunidade para que merquen nos nosos locais e coñezan a nosa gastronomía así como tamén gocen de todo o que dende aquí lle podemos ofrecer”.