- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Éxito dunha nova edición do Mercamelide de inverno na vila
19/02/2018. O Mercamelide de inverno celebrouse esta pasada fin de semana cun total de 15 stands. O Palacio de Congresos convertiuse nun outlet baixo teito e nunha alternativa de ocio para veciños e visitantes
MELIDE 19 de febreiro de 2018.- A Feira de Oportunidades do Comercio Melidense, Mercamelide celebrou a súa última edición esta pasada fin de semana, correspondente aos stocks de inverno outono.
Mercamelide chegaba este ano a súa edición número 21 que seguiu sendo unha boa oportunidade para facer negocio redondo en base á calidade e prezo reducido, as dúas características definitorias desta feira de saldos xa consolidada no almanaque comercial e distintiva do comercio melidense.
Esta feira estivo organizada polo Concello de Melide e a Asociación de Empresarios da vila. A cita coma en anos anteriores celebrouse no Pazo de Congresos, onde a instalación se convertiu nun outlet baixo teito, nun centro comercial das rebaixas e das ofertas, onde non só pola variedade de artigos que se poden atopar, senon tamén pola oferta de ocio completamente amplia. Os descontos situáronse entre un 20% e un 50%, chegando nalgúns casos ata un 70%.
O Mercamelide abriu as súas portas de 11h a 20h da tarde, tanto na xornada do sábado como na do domingo. Durante os dous días houbo tres sorteos, o sábado 100 euros, o domingo pola mañá 100 euros e pola tarde 300 euros, os tres en vales terán que gastarse no comercio melidense.
Tamén durante o sábado os máis cativos gozaron de actividades como o touro mecánico ou un obradoiro de pizzas.
Durante a xornada do sábado, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal visitou o Mercamelide e comprobou de primeira man a variedade de artigos e descontos da feira, quen quixo tamén trasladar o apoio da Xunta de Galicia ás propostas de dinamización da actividade económica nos concellos galegos.
Este ano como novidade todas as persoas que se achegaron á feira puideron degustar un bo chocolate quente xunto cun doce melidense, unha iniciativa coa que colaborou a Asociación da ¡Respostaría Tradicional Melide Terra Doce.