Novas

Máis novas

Inaugurada a nova zona de aparcadoiro para autocaravanas en Melide

19/02/2018. Esta fin de semana máis de cen caravanas celebraron a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Galega deste tipo de vehículos. Máis de cen autocaravanas déronse cita en Melide. Gozaron de Melide e da súa gastronomía

MELIDE 19 de febreiro de 2018.- A zona de aparcadoiro de autocavanas quedou inaugurada esta pasada fin de semana cunha concentración destes vehículos na zona habilitada para tal fin en Melide.

A Asociación Galega de Autocaravanas desprazouse ata a nosa vila para celebrar unha das súas Asembleas Xerais Ordinarias e logrou reunir máis de cen vehículos na explanada do Campo da Feira melidense.

Ao longo da fin de semana máis de 200 persoas gozaron do ocio da nosa vila, visitaron o Mercamelide, fixeron un tramo do Camiño de Santiago e pasearon e fixeron as súas compras no mercado dominical.

Esta  posta en marcha da área de autocaravanas permite ademais de ofrecer un servizo de carácter público aos conductores, recuperar un amplo espazo que ata o momento se atopaba sen uso. Aínda que a explanada do Campo da Feira era destinado a aparcadoiro, coas últimas modificacións sinalizáronse prazas de maior dimensión para autobueses, camións, autocaravanas e caravanas.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp