- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide acolle a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Galega de Autocaravanas
16/02/2018. A Asociación Galega de Autocaravanas reunirase esta fin de semana en Melide para celebrar unha das súas Asembleas Xerais Ordinarias e ao mesmo tempo para inaugurar a área destinada ás autocaravanas, será na xornada do sábado
MELIDE 16 de febreiro de 2018.- Melide conta dende hai un tempo cunha área destinada para o aparcadoiro de autocaravanas e caravanas que se sitúa no Campo da Feira. Dado a súa proximidade do Camiño de Santiago a este lugar, dende o ente local, entenden que esta característica vai a beneficiar o mellor aproveitamento deste espazo, acollendo a familias e visitantes que utilizan este medio de transporte para coñecer Galicia.
Será esta vindeira fin de semana cando esta área adicada ás autocaravanas se inaugure coa presenza nesta zona de case un cento vehículos destas características. A Asociación Galega de Autocaravanas desprazarase a Melide, onde na xornada de mañá sábado ás 11h teñen fixado a celebración dunha da súas Asembleas Xeral Ordinarias.
Os participantes nesta concentración, algúns xa chegaron durante a xornada de onte a Melide, realizarán un pequeno tramo do Camiño de Santiago na tarde do sábado e visitarán a Feira do Mercamelide, a feira de stocks local que se celebra no Palacio de Congresos e Exposicións. Ao mesmo tempo, durante a xornada dominical tamén participarán no mercado local.
Gumersindo López, tesoureiro da Asociación Galega de Autocaravanas explicaba que “vimos a Melide para agradecer que o concello tivese a ben ter unha área de autocaranavas, precisamente dende a nosa asociación loitamos por conseguir que os concellos teñan este tipo de zonas habilitadas para nós”. “Seremos entre duascentas e trescentas persoas que pasaramos en Melide o fin de semana coñecemento o seu patrimonio arquitectónico e gozando da súa gastronomía”.
Esta a posta en marcha da área de autocaravanas permite ademais de ofrecer un servizo de carácter público aos conductores, recuperar un amplo espazo que ata o momento se atopaba sen uso. Aínda que a explanada do Campo da Feira era destinado a aparcadoiro, coas últimas modificacións sinalizáronse prazas de maior dimensión para autobueses, camións, autocaravanas e caravanas.
Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “pola súa proximidade ao centro da vila, este espazo de aparcadoiro é unha boa alternativa para este tipo de vehículos que son máis grandes cos outros e así con este espazo específico evitaremos conxestións circulatorias no centro urbano”.