- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A alcaldesa reúnese co delegado de Defensa para explorar vías de colaboración
14/02/2018. A alcaldesa, reuniuse no Concello co delegado de Defensa en Galicia, Juan Carlos Sancha, e co tenente coronel xestor da Área de Recrutamento para manter unha xuntanza, que xa fora solicitada pola propia delegación de Defensa en Galicia
MELIDE 14 de febreiro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García, reuniuse na mañá de hoxe co delegado de Defensa en Galicia, con Juan Carlos Sancha, e co tenente coronel xestor da Área de Reclutamento, Arturo Suárez co fin de manter unha primeira toma de contacto para posibles colaboracións entre ambos entes no futuro.
Esta xuntanza enmárcase dentro dunha rolda de contactos que está mantendo a delegación de Defensa en Galicia con diversos alcaldes da comunidade galega para explorar cías de colaboración e promover un maior achegamento da administración militar a toda a cidadanía para sensibilizar sobre a importancia da cultura da seguridade e da defensa.
Na reunión desta mañá falouse da posibilidade da colaboración entre ambas institucións para dar a coñecer as diferentes actividades que se desenvolven dende a delegación de Defensa en Galicia como poden ser :concerto da banda de música, arriado solemne da bandeira, exposicións de material e vehículos, carreira de orientación, demostración da unidade cinolóxica do TERNOR, instalación dunha pista americana infantil, xura de bandeira, exposición MINISDEF, visitas ás instalacións militares, conferencias, concursos literarios, etc.
Ao mesmo tempo e tal e como explicaba Dalia García, alcaldesa de Melide con posterioridade a esta xuntanza “ tamén falamos sobre a posibilidade de ofrecer charlas informativas sobre o ingreso nas forzas armadas aos mozos e mozas menores de 29 anos, así como sobre a carreira militar e mailos reservistas voluntarios e voluntarias”. Por outra banda, engadía a rexedora, ofreceron colaboración a Melide para “ofrecer a posibilidade de facer mesas redondas o Día da Muller para a integración das mulleres nas forzas armadas e ofrecen información sobre a oferta de prazas para ingresar neste corpo como militar de tropa e mariña”.