- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
A ANPA Mestre Pastor Barral gaña o primeiro premio no concurso de disfraces
14/02/2018. O concurso levouse a cabo no Palacio de Congresos e Exposicións de Melide, onde o humorista e presentador galego, Isi Rodríguez, foi o encargado de presentar o evento. En total, repartíronse 2.650 euros en premios este ano na vila
MELIDE 14 de febreiro de 2018.- A choiva non foi quen de apagar as ganas de troula e de entroido dos veciños e veciñas do Concello de Melide. Cun Palacio de Congresos ateigado de xente, o humorista da televisión de Galicia, Isi Rodríguez, dispoñíase na tarde de onte a ser o conductor dun concurso de disfraces marcado na nosa vila polo mal tempo.
Con puntualidade no reloxo, ás 18.30h, comezaba o concurso de disfraces subindo ao escenario todos os participantes, cada un ao seu momento e en orde dependendo da súa categoría. Nun primeiro momento, puidemos ver aos participantes da categoría de individuais e parellas, seguindo os grupos ata oito persoas, e as comparsas que superaban ese número.
O primeiro premio da categoría individuais e parellas, dotado de 150 euros foi para La Ira de una Diosa, chegado dende Lugo, cun disfrace feito con latex, aluminio, cartón pedra, etc…O segundo premio, dotado cunha cantidade de 100 euros foi para dúas veciñas de Arzúa co disfrace Espantacorvos.
Na categoría de grupos o primeiro premio de 400 euros foi para Atracións de Feira, onde veciños de Toques e de Melide recrearon unha auténtica feira por medio das súas atracións: unha noria, un tiovivo, un posto de algodón de azucre, os coches de choque subíronse ao escenario para recrear unha auténtica feira. O segundo premio nesta categoría foi para Atravesando as nubes que amosaron ao público o seu bo facer e creatividade para este concurso. O segundo premio estaba dotado de 300 euros.
Na categoría de comparsas o segundo premio foi para Lego Superheroes, que chegaban dende Cerceda e recrearon á perfección as famosas fichas de lego con diferentes superhéroes como superman e batman entre outros. O premio estaba dotado con 700 euros. O primeiro premios para as comparsas foi de 1000 euros e recaeu na comparsa dos pais e nais do colexio Mestre Pastor Barral, na que máis de medio centenar de persoas recrearon a feira de abril con diferentes móbiles tales como: puestillos de feira, un tablao sevillano, unha praza de touros, etc…
Os rapaces e rapazas do Centro Ocupacional de Melide tamén se presentaron ao concurso e foilles entregado un detalle especial de agradecemento pola súa participación neste concurso ano tras ano.
Pese ao mal tempo, o Palacio de Congresos e Exposicións de Melide ateigouse de xente con ganas de pasalo ben e de gozar dunha tarde diferente na vila.
Unha vez rematado o concurso de disfraces no Palacio de Congresos, a Asociación Cultural e Ecoloxista Curuxás organizou a lectura do pregón e a queima do entroido na praza das coles como xa é tradición en Melide para poñer punto final ao entroido.