Novas

Máis novas

O Melindre de Melide será protagonista dunha masterclass con vinho verde na EHT de Viana do Castelo

26/04/2017. O Concello de Melide proxecta, así, a Festa do Melindre no ámbito internacional, acudindo á segunda dunha serie de masterclasses que se impartirán nas Escolas de Hostalería e Turismo da Rexión Norte de Portugal nos próximos meses. O acto desenvolverase o venres 28 de abril.

O melindre de Melide e os doces típicos da repostería tradicional melidense, serán os protagonistas o vindeiro venres día 28 de Abril, dunha xornada de maridaxe con vinho verde na Escola de Hotelaría e Turismo (EHT) de Viana do Castelo (Portugal) para os alumnos da especialidade de pastelería. 

Este proxecto de internacionalización da festa na rexión norte de Portugal, pasa pola divulgación dos melindres e doces típicos da repostería tradicional de Melide entre os futuros cociñeiros e hostaleiros que se están formando nas EHT, da man dos mestres reposteros da Asociación de Repostería Tradicional de Melide. 

Continúa así a promoción da repostería tradicional de Melide nos actos da XXVI edición da Festa do Melindre, #Melindre2017, que, en palabras da alcaldesa, Dalia García Couso, "serven para proxectar o noso concello no exterior e afianzar a nosa festa, como un dos motores de atracción do turismo e da gastronomía en Melide, Cerne de Galicia". 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp