- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide traballa xunto con Medio Ambiente para mellorar a calidade das augas fluviais
09/02/2018. Alcaldesa de Melide mantivo unha xuntanza de traballo con Beatriz Mato, Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez para mellorar o saneamento e a calidade das augas
MELIDE 9 de febreiro de 2018.- A alcaldesa de Melide, Dalia García mantivo unha xuntanza de traballo coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato e o director de Augas de Galicia Roberto Rodríguez na que analizaron varios proxectos e obras de interese municipal en materia de saneamento e mellora da calidade das augas fluviais do concello.
Concretamente, falaron dos traballos para a conexión do polígono coa EDAR de Melide e da situación actual da zona de baño no río Furelos. Neste sentido, a rexedora expuxo a necesidade de acometer algunha tipo de actuación na praia fluvial co fin de mellorar a calidade das augas na zona, unha petición que a conselleira de Medio Ambiente se comprometeu a estudar con Augas de Galicia.