Novas

Máis novas

O Concello realiza traballos de poda de árbores na Área Recreativa do Río Furelos

02/02/2018. Unha empresa especializada na poda en altura realiza estes días traballos na Área Recreativa do Río Furelos nas árbores de máis altura. Estes traballos preparan a zona de cara á época estival e mellorará a súa seguridade durante os temporais

MELIDE 2 de febreiro de 2018.- A Área Recreativa do Río Furelos está sendo estes días obxeto dos traballos de poda que se están realizando por unha empresa especializada nesta materia. As árbores que se están podando son as que teñen máis altura, algunhas con case 20 metros de alto. Por esta razón e chegada a época dos temporais e as inclemencias meteorolóxicas, o Concello de Melide puxo en marcha esta poda para aumentar a seguridade na zona e por outra banda, preparala xa de cara a época estival.

Os traballos de poda e saneamento destas árbores leváronse a cabo ao longo desta semana, sobre todo en árbores de altura desmesudrada na marxe estreita do treito fluvial que dá nome á esta área recreativa.

Grazas a estas actuacións a Área Recreativa do Río Furelos terá máis zona de sol durante o próximo verán, aproveitando no seu conxunto a totalidade do seu espazo con lugares de sol e sombra para o desfrute de todos os seus visitantes. Así mesmo, con estes traballos axúdase na protección da fauna e da flora do lugar. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp