Novas

Máis novas

Inícianse os trámites para delegar na AGASP o proceso selectivo da policía local

02/02/2018. O pleno ordinario votará a medida que é unha vella demanda dos concellos e que delega na Axencia Galega de Seguridade os trámites para o acceso aos corpos de policía local. O luns someterase a Comisión Informativa

MELIDE 2 de febreiro de 2018.- O pleno do vindeiro xoves 8 de febreiro que se celebrará en Melide, votará a adhesión da administración local ao convenio que regular o proceso da delegación na Axencia Galega de Seguridade dos trámites para o acceso aos corpos de policía local.

Trátase dunha vella demanda dos Concellos que lle tiñan dende hai tempo trasladado á administración autonómica a necesidade de apoio na xestión das oposición de policía local. O Concello de Melide estaba á espera da publicación do Decreto 115/2017 de Vicepresidencia da Xunta de Galicia no que se regula a cooperación entre a administración autonómica e a administración local neste sentido.

Dalia García, alcaldesa de Melide explicaba que “xa no pleno dos orzamentos de decembro fixemos referencia a este convenio pero será no pleno ordinario do xoves cando se aproben todos os informes favorables á adhesión do convenio que regula este Decreto que foi negociado coa Federación Galega de Municipios e Provincias e que ten como eixo fundamental a xestión de todo o proceso selectivo das prazas de policía e auxiliar local que ten orzamentadas Melide”.

A rexedora melidense agradecía á Consellería de Vicepresidencia a súa cooperación cos concellos “nunha asigntura que moitos tiñamos pendente e que vai a supoñer maior axilidade nun proceso que cargaba ao persoal municipal de maneira excesiva para non ter resultado satisfactorios”. Así mesmo, instaba á oposición a “apoiar este tipo de medidas porque son un avance de cara a formalización de acordos que xa teñen acadado o beneplácito doutras administración”.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp