- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide pon en marcha unha campaña de información fronte á violencia de xénero
30/01/2018. Mediante folletos informativos e coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia o Concello de Melide quere informar aos veciños do servizo do CIM, servizo para previr e axudar nos casos de violencia de xénero
MELIDE 30 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide pon en marcha unha pequena campaña de información para previr e axudar nos casos de violencia de xénero que poidan producirse na vila. Dende a concellería de Igualdade e Benestar colaboran coa iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade que pretende facer reflexionar e ofrecer pautas de asesoramente nos casos de violencia de xénero mediante dous folletos informativos. Un céntrase nas preguntas frecuentes que unha muller se fai a sí mesma cando sofre unha situación de violencia de xénero e o outro establece diferentes actuacións de seguridade a levar a cabo se se está vivindo unha situación de violencia de xénero no fogar antes e despois de ser denunciada.
Actualmente, dende o Concello de Melide repartiron os folletos informativos nas instalación públicas locais como son o Centro Social, a propia casa consistorial, a biblioteca pública ou os diferentes colexios.
Hoxe en día, Melide conta cun Centro de Información á Muller no que traballan unha psicóloga, unha directora e asesora xurídica, dúas traballadoras sociais e unha educadora familiar.