- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello de Melide celebra a Mesa de coordinación da violencia de xénero con presenza das administracións
24/04/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García, presidiu no salón de plenos da Casa do Concello a Mesa de coordinación contra a violencia de xénero coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e representantes dos diversos entes implicados na loita contra esta lacra social.
O salón de plenos do Concello de Melide acolleu unha iniciativa na que o goberno local está moi concienciado, a loita contra a violencia de xénero; a reunión anual da administración local no foro para debater cómo encauzar novas propostas no eido da igualdade para erradicar a lacra machista que é a violencia contra as mulleres.
Ao acto, presidido pola alcaldesa de Melide, Dalia García, asistiron numerosas autoridades como é Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, a subdirectora de loita contra a violencia de xénero, o fiscal especializado en violencia de xénero do xulgado de Arzúa así como o de A Coruña, o sargento da Garda Civil, membros da Policía Local e Xefe de Protección Civil de Melide, Traballadora e coordinadora do Centro de Saúde e persoal do centro social, asesora do CIM, psicóloga e traballadora social xunto con educadora familiar. Todos os cargos directivos e representantes dos CEIPS da vila, do IES de Melide e das garderías municiais estiveron presentes neste foro.
Unha das principais modificacións que sufriu a mesa foi a incursión da Secretaría Xeral de Igualdade na mesma, así como a posibilidade de calquera membro da mesa poida delegar de facto na persoa que estime oportuno. As propostas máis interesantes, despois de case dúas horas de roldas de consultas foron a de protocalizar os actos de detección temperá e coa información recabada poder poñer a disposición de outros organismos a mesma sen perder ningunha garantía xurídica.
Por outra banda, todos os compoñentes coincidiron en que nunca é suficiente o traballo e o esforzo mentras quede nalgún lugar unha muller asustada pola violencia no fogar tanto psicolóxica como física dando lugar a un dos crimes máis deleznables. A alcaldesa de Melide, xunto coa concelleira, Mª Jesús López apuntaron o fructífero dos resultados obtidos comezando a traballar novas temáticas no eido coa violencia como son o amplo mundo das novas tecnoloxías e das redes sociais.