Novas

Máis novas

Isi Rodríguez será o encargado de presentar o concurso de disfraces

29/01/2018. O Concello presenta a súa programación de Entroido que rematará o martes 13 de febreiro co tradicional concurso de disfraces. Haberá actividades para todas as idades, tamén música, que chegará á vila da man do Conservatorio Municipal

MELIDE 29 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide, dende o seu departamento de Cultura prepara xa as actividades que terán lugar na vila para celebrar a tradicional festividade de Entroido.

Unha das novidades máis importante da programación deste ano é que o coñecido cómico galego Isi Rodríguez, será o encargado de presentar o concurso de disfraces que terá lugar no pazo de congresos e exposicións ás 18.30h da tarde. A recepción dos participantes como é habitual terá lugar ás 16.30h da tarde no cantón de San Roque, de onde sairá o desfile, sempre que o tempo o permita. Haberá diferentes premios para as categorías de comparsas, grupos e individuais e parellas.

CONCERTO DE ENTROIDO E FESTA INFANTIL

A maiores do concurso de Entroido o martes 13, o Concello de Melide quixo programar tamén unha festa infantil con xogos, baile, música, obradoiros e maquillaxe que terá lugar o domingo 11 de febreiro no pazo de congresos.

O conservatorio de música de Melide será o encargado de poñerlle banda sonora á programación de Entroido. O venres 9 de febreiro preparan un concerto que levará por nome “Músicas do Mundo”, e que terá lugar ás 20.30h na casa da cultura da vila.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp