- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
O Concello informa no Meire e no Leboreiro sobre as axudas vinculadas á realización de proxectos en zonas de Rede Natura
26/01/2018. A xefa territorial de Medioambiente, Cristina Carrión e técnicos da Xunta estarán presentes nesta xuntanza
MELIDE 26 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide organiza para o vindeiro martes 30 de xaneiro dúas reunións informativas que terán lugar no local social do Meire e no local social do Leboreiro, a primeira ás 17.30h e a segunda á 18.30.
Nesta xuntanza informativa estará presente Cristina Carrión, xefa territorial de Mediambiente e técnicos da Xunta de Galicia para explicar os pormenores aos veciños destas zonas das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxetivos agroambientais e climáticos en zonas incluidas na Rede Natura 2000.
Poderán solicitar estas axudas persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados, propietarias ou arrendatarios así como tamén asociacións ambientais. Entre as actividades que se subvencionarán atópase a creación de cerres, actuacións para a mellora da pasiaxe rural como restauración de valos de cachotaría e cantaría, e mellora de carreiros rurais, creación de rutas e áreas recreativas ou sinalización de camiños e carreiros. Tamén se poderá optar a esta axuda para a rehabilitación de elementos históricos patrimoniais ou culturais como hórreos, fontes, valados, etc…
O importe máximo para cada proxecto é de 12.000. Dende o Concello de Melide fan un chamamento aos veciños destas zonas para que acudan a estas xuntanzas informativas xa que poderán coñecer pormenorizamente os detalles desta subvención e poder facer uso dela para preservar e mellorar o noso entorno rural en zonas da Rede Natura 2000.