Novas

Máis novas

Melide aumenta as horas de servizo de axuda a domicilio a persoas dependentes eliminando a lista de agarda

24/01/2018. A Xunta de Goberno Local, aprobará mañá un aumento de 187 horas e quedarán así cubertas as necesidades dos veciños que se atopaban en lista de agarda

MELIDE 24 de xaneiro de 2018.- O Concello de Melide elimina a lista de agarda de axuda a domicilio de persoas dependentes- na que actualmente se atopaban 9 persoas- co aumento de horas para este servizo que se incrementarán en 187. Na actualidade, Melide contaba cun total de 2.622 horas de axuda a domicilio a persoas dependentes e con este aumento serán un total de 2.809 horas coas que o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide atenderá a totalidade dos veciños e veciñas que solicitaron este servizo no seu momento.

Este feito, será unha realidade despois de que sexa aprobado na Xunta de Goberno Local que se celebrará mañá en Melide, despois de que hai uns meses a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dera luz verde a este incremento.  Este aumento do horario supoñerá unha maior financiación para o servizo, que costará 21.322,35 euros máis ao ano.

“A concesión de máis horas para este servizo permítenos eliminar a lista de agarda coa que contaba o Concello de Melide para facer uso deste servizo e polo tanto, serán nove os usuarios que poderán gozar do servizo de axuda ao domicilio para persoas dependentes. Dende o concello traballamos a reo para cubrir as necesidades dos nosos veciños, e sentímonos orgullosos de dar cabida ao 100% das demandas dos veciños dependentes con este aumento de horas” explica a alcaldesa de Melide, Dalia García.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp